Trasalbiña viva, viva
Trasalbiña viva, ben,
Trasalba ten a sona
de cantar e bailar ben.
Na entrada de Trasalba
Hai unha fonte laguna
onde se lavan as guapas
porque feas non hai ningunha.
Trasalbiña viva, viva
Trasalbiña viva, ben,
Trasalba ten a sona
de cantar e bailar ben.
Nos soutos de Trasalba
Hai carballos e castiñeiros
e rapazas guapas
pa levalas os palleiros
Trasalbiña viva, viva
Trasalbiña viva, ben,
Trasalba ten a sona
de cantar e bailar ben.
Din que Trasalba é fea
porque non ten balcos
pero ten rapaces guapos
que nos rouban os corazos
Trasalbiña viva, viva
Trasalbiña viva, ben,
Trasalba ten a sona
de cantar e bailar ben.
Os carballos de Trasalba
teñen a folla rebirada
porque lla rebiraban
as mozas nas noites de carallada.
Trasalbiña viva, viva
Trasalbiña viva, ben,
Trasalba ten a sona
de cantar e bailar ben.